Foro Alumnos de Dereito

Facultade de Dereito Universidade de Santiago de Compostela


¡Únete!

  •  02/20/2019 10:57 AM

FAD achega o Parlamento galego á Facultade. Será o luns 25 ás 19:00

  •  04/04/2018 11:50 PM

Dende Fad Dereito comprometémonos a manter informados aos nosos compañeiros e compañeiras para poder compartir as novas sobre a actualidade da Facultade e da Universidade en xeral.

  •  03/22/2018 06:47 PM

La Asociación Foro Alumnos de Dereito da a benvida á nova Xunta de Facultade na que temos 17 membros en representación dos alumnos.

  •  03/17/2018 03:10 PM

No día de onte tivemos de novo, na Facultade de Dereito de Salamanca, unha sesión de ponencias e exposicións dende as 09:30 da mañá

  •  03/16/2018 11:39 AM

Na mañá de onte, xoves 15, asistimos á Facultade de Dereito da Universidade de Salamanca para a celebración, pola mañán, dunha serie de ponencias cos seus posteriores debates de conclusión

  •  03/15/2018 03:35 PM

Dous membros da nosa Asociación asisten ao XIV CONEDE en Salamanca, onde se reúnen representantes de estudantes de Dereito de toda España.

  •  11/27/2017 03:08 PM

As asociacións de estudantes reunímonos ás 12 no decanato co decano da nosa facultade, Gumersindo Guinarte

  •  11/16/2017 10:00 PM

O conselleiro de Política Social, Rey Varela, dedicounos un par de horas da súa tarde

  •  11/13/2017 11:00 AM

Volve a actividade de FAD á Facultade de Dereito con máis forza e ilusión que nunca

A Asociación da Facultade de Dereito, Foro Alumnos de Dereito, é una asociación estudiantil independente formada por un grupo de estudantes que se interesa polo benestar de todos os compañeiros e compañeiras, servindo de canle e voz dos mesmos nos órganos da Facultade e intentando obtener as mellores facilidades para que o estudo do Dereito sexa da maior calidade posible.

O Presidente da Asociación é Guillermo Juncal, alumno da Facultade dende o ano 2014, quen asume con ilusión a tarefa de organizar a asociación e os obxectivos desta, logrando sempre o que os compañeiros nos piden dentro dos marxes que nos permite a posición que temos no panorama universitario.

Está axudado na súa tarefa por Daniel Estévez e Jorge Vidal, de 3º curso e estudantes de Dereito e Dereito e Relacións Laborais, respectivamente, e Alejandra Iglesias e Gabriel, entre outros, nun grupo de traballo que se exprime ao máximo nos seus ratos libres para lograr o mellor para todos os alumnos no seo dunha mellor convivencia, docencia e aprendizaxe.
Quen somos image

Os nosos obxectivos para con os alumnos

Interésache participar? Dalle ao Play e escoita ao fundador Jorge Cubela

Levamos varios anos traballando na Facultade, logrando unha mellor comunicación dos alumnos cos profesores e o Decanato. Transmitimos as vosas propostas, necesidades, queixas e requerimentos aos órganos de Goberno da Facultade e da propia Universidade, buscando que estes non vos parezan más alonxados do que realmente o están. Temos experiencia, pois promovemos actividades lúdicas e de investigación, xornadas, ponencias, cursos e debates. Dende que comezou o curso logramos cambiar os horarios que pedistes, transmitir dúbidas aos profesores, explicarvos o novo sistema horario do ano que én, o reparto das clases e o funcionamento dos órganos e da Universidade en xeral.

  • Santiago de Compostela, España

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO