No día de onte tivemos de novo, na Facultade de Dereito de Salamanca, unha sesión de ponencias e exposicións dende as 09:30 da mañá:
-“Reforma del sistema de acceso a las profesiones de abogado y procurador” Exposición levada a cabo por D. Javier C. Sánchez García, Vicepresidente do Consejo General de Procuradores de España.
-“Liderazgo en la Academia General Militar” A ponencia foi levada a cabo polo Comandante Francisco José Trujillo Pacheco, que é profesor de Liderazgo e Comunicación Corporativa.
-“Problemas actuales de la reforma constitucional” Por Dña. Ángela Figueruelo Burrieza, Catedrática de Dereito Constitucional da Universidade de Salamanca .
-Mesa redonda de mentoring: “Futuro profesional, experiencia personal” Interviñeron D. Arcadio Delgado Castañeda, Inspector de trabajo y seguridad social; Dña. María del Pilar Hernández Simón, Vicedecana del Ilustre Colegio de Procuradores de Salamanca; D. Eugenio Llamas Pombo, Catedrático de dereito civil da Universidade de Salamanca; Alberto Contreras Álvarez, Abogado.
-Dña. Carmen Sánchez- Cortes Martín, Secretaria de Estado del Ministerio de Justicia.
-D. Victoria Ortega Benito, presidenta do Consejo General de la Abogacía Española
Clausurada a xornada de ponencias ás 15:30, e tras unha pausa para comer, ás 16:30 reanudábase a sesión do día anterior da Asamblea Ordinaria, tratando puntos de gran relevancia como:
-Debate e toma de acordos sobre o Máster de Acceso á Profesión de Graduado social
-Moot de Dereito Deportivo en colaboración co ISDE e a Liga de Fútbol Profesional.
-Exame de inglés xurídico
-O tema máis complicado, delicado e importante foi a exposición, debate e toma de acordos sobre o exame de acceso á Abogacía.
A xornada rematou ás 21:00 co aplazamento dos últimos puntos do orde do Congreso para o sábado, ás 11 horas. E, a continuación, a Asamblea Extraordinaria cun só punto do día.
A mesa de dirección do CONEDE coa Secretaria de Estado do Ministerio de Xustiza