O obxecto da reunión foi a pretensión do Decano da Facultade de levar a cabo certas actividades solidarias antes do Nadal.
Na semana do 11 ao 15 de decembro levaranse a cabo na Facultade actividades solidarias tales como unha recollida de alimentos para "Cociña Económica" de Santiago de Compostela axudando aos máis necesitados en tan importantes datas, coma actividades informativas dirixidas ao alumnado no tema dos refuxiados, recibindo a invitados especializados no asunto.
As 4 asociacións asistentes comprometémosnos a participar en sendas actividades e traballar xuntos nas mesmas na semana previa ás eleccións á Xunta de Facultade.
Por iso, e a falta de confirmación oficial das fechas, adiantamos a información que o Decano nos transmitía esta mañá e pedimos difusión e participación activa en ambas iniciativas.