13 Nov
13Nov

En FAD retomamos a actividade na Facultade, a volta ás aulas, a escoitar aos compañeiros e os seus problemas e expoñer as súas demandas ante os órganos de Goberno da Facultade e da Universidade. 

Para isto, este ano ven cargado dunha gran carga de traballo representativo, con eleccións á Xunta de Facultade e a celebración do Claustro coa consecuente elección do reitor.

Esperamos poder colaborar en todo o posible con compañeiros e profesores, facendo da Facultade un lugar con maiores facilidades e utilidades para todos, e do Grao en Dereito unha carreira más amena, interactiva, con maior proxección cara ao futuro e cunha maior participación dos alumnos nos órganos de Goberno e nas súas interaccións con estes.

FAD XA ESTÁ AQUÍ !!

Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.
ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO