Esta tarde, ás 20 horas, no Colexio Maior Rodríguez Cadarso, tivemos unha informal e distendida charla co conselleiro Rey Varela. Explicounos as liñas xerais nesta lexislatura da Política social, a prospectiva e vista ao futuro (apoiado no profesor José Julio) e pediunos consello.
Asistimos varios representantes de asociacións de estudantes de diversas facultades da USC e puidemos dar a nosa visión sobre o futuro estudiantil, sen olvidar as nosas demandas actuais, as necesidades de maior financiamento para levar a cabo actos para todos, a apertura de programas de apremio, bolsas, etc...
Puidemos facer chegar en primeira persoa, sen intermediarios e interlocutores, a información ao conselleiro, que tomou nota en todo momento.
Sen duda foi un bo acto para iniciar o curso, facendo o que máis nos gusta: expresando as nosas preocupacións, demandas e necesidades para con os compañeiros.