16 Mar
16Mar


Na mañá de onte, xoves 15, asistimos á Facultade de Dereito da Universidade de Salamanca para a celebración, pola mañán, dunha serie de ponencias cos seus posteriores debates de conclusión

-O vicedecano de estudantes e comunicación e profesor titular de Dereito Procesal da USalamanca, Federico Bueno de la Mata, xunto coa profesora titular de Dereito Procesal, Marta del Pozo, levaron a cabo a exposición de “Justicia mediática. De las redes sociales y los juicios paralelos a los tertulianos procesalistas”.

-O membro do Tribunal Administrativo de Deporte (TAD) e decano da facultade de CC. da actividade física e do deporte da Universidad de León realizou a ponencia “Derecho de asociación y deporte: crónica breve de un permanente desencuentro”.

-Juan Carlos Escribano Hernández, director comercial da Mutualidade da Abogacía, explicounos todo o relacionado coa mutualidade con “Mutualidade abogacía: Patrocinador Oficial del Consejo”.

-María del Pilar del Mar Jimeno, catedrática de Dereito Procesal da Universidade de Burgos, expuso os termos esenciais de Institucións da UE xunto con “Cooperación civil y penal en la UE. El caso Puigdemont”.

-Por último, José Luís Martínez-Almeida, Abogado do Estado, concelleiro de Madrid e portavoz do PP de Madrid, levou a cabo a ponencia titulada “Prisión Permanente Revisable”.

Xa pola tarde, ás 16:00, daba comezo a Asamblea Ordinaria do CONEDE, ata as 21:00 horas. Tratáronse gran diversidade de temas, nos que destacan os seguintes:

-A presencia da oratoria nas facultades de Dereito
-As saídas profesionais ao rematar o grao
-Creación da comisión de dobles grados, para profundizar neste fenómeno que tanta diversificación ten na actualidade e a súa validez, por exemplo, á hora de realizar un programa Erasmus.

Dadas as longas e específicas intervencións, rogos, preguntas e respostas, aplazouse a súa continuación ata hoxe, venres, á mesma hora.

De esquerda a dereita, Guillermo Amilivia (Vicepresidente do CONEDE e alumno da Universidade de León), Jorge Diaz Pertejo (membro de FAD e representante dos estudantes de Dereito da USC), Gabriel Rodríguez (Presidente do CONEDE e alumno da Universidade de A Coruña), Alejandra María (representante dos estudantes de Dereito da UDC), Daniel Estévez (membro de FAD e representante dos estudantes de Dereito da USC) e Lorenzo Cañás (representante dos estudantes de Dereito da UDC).

Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.
ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO