Tras falar cos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia, e grazas tamén á persistencia e colaboración da Presidencia do Parlamento galego, logramos reunir nun debate a catro exestudantes da Facultade: Luís Villares (EnMarea), Patricia Vilán (PSdG), Olalla Rodil (BNG) e Paula Prado (PPdG).
Co ánimo de que sexa un debate xurídico-político pretendemos captar o interese de toda a Comunidade Universitaria e que os alumnos poidan coñecer o Estatuto de Autonomía e as opinións dos grupos políticos que poden modificalo.